Project access
| Wireless Galicia |
Page 1 of 4
Pola súa parte, Wireless Galicia (WG) é unha empresa nada no ano 2004 como IEBT e que centra a súa actividade na provisión de produtos e servizos tecnolóxicos con especial atención ás solucións de acceso radio. Desde os seus inicios todos os seus esforzos dirixŕronse á xeración de proxectos I+D+i, convencidos das inmensas vantaxes que unha boa cultura empresarial baseada na xeración de coñecemento e novos produtos aporta ao mercado tecnolóxico español e especialmente á comunidade galega. A participación en programas rexionais, nacionais e europeos de I+D+i son algunhas das accións coas que WG se implica na liña dos últimos avances tecnolóxicos e as súas aplicacións mais innovadoras no contorno empresarial. Esta actividade permite a WG dispoñer dos coñecementos máis avanzados en últimas tecnoloxías e dun know-how permanentemente actualizado, capacidade que se ve afianzada e soportada pola súa participación como membro das plataformas tecnolóxicas de mobilidade a nivel europeo e nacional, eMobility e eMOV. |