Evolución favorable

Unha vez adquiridos os coñecementos necesarios para o despregue dunha rede sen fíos sensorial axeitada para o propósito do estudo biolóxico sobre o hábitat do morcego común durante a primeira anualidade do proxecto; procedeuse nesta segunda anualidade a perfilar, definir e caracterizar o sistema tecnolóxico avanzado a empregar para detecta-la presenza do morcego común e xestionar toda a información xerada.

O equipo de traballo técnico (formado principalmente por membros de WG e Gradiant) deseñaron un sensor de ultrasóns que responda aos chíos de ecolocalización emitidos polos exemplares da especie en estudo. Por outra banda este equipo tamén está a traballar para adecua-las necesidades requiridas pola unidade de estudo biolóxico ás prestacións técnicas que pode facilita-lo sistema inarámico despregado na zona urbana do PNMTIAG.

O equipo de traballo biolóxico centra os seus esforzos en determina-la estrutura e a forma dos datos a recoller nas medicións para facer un sólido estudo biolóxico sobre o comportamento desta especie no citado emprazamento para a súa observación e análise. Adicionalmente, tamén da apoio ao grupo técnico en recomendacións específicas para o axeitado desexo dos sistemas de detección.

O contacto entre os tres membros do consorcio é constante, co obxecto de acadar a máxima adecuación das tecnoloxías á bioloxía e, ao tempo, axustar os estudos zoolóxicos planificados ás posibilidades que as novas tecnoloxías poden brindar.