Obxectivos

Especifícanse a continuación, de forma máis precisa, os obxectivos do proxecto.:

1) Testar a efectividade, eficacia e eficiencia das principais características de redes sensoriais inarámicas baseadas en ZigBee para a detección de morcegos.

2) Testar a viabilidade e potencialidade do uso de redes ZigBee para o estudo a longo prazo da presenza e abundancia relativa de morcegos en diferentes microhábitats fóra dos seus refuxios.

3) Describir as variacións na frecuencia de aparición e duración dos períodos de actividade dos morcegos nos diferentes microhábitats representados nas áreas urbanizadas do PNMTIAG a diferentes escalas temporais (ao longo dunha noite, entre noites, entre diferentes períodos con significación no ciclo vital das especies, entre anos), incorporando a simultaneidade espacial na obtención da información dos puntos de mostraxe.

4) Determinar que variables explican mellor as variacións detectadas na frecuencia de aparición e na abundancia relativa das especies presentes a diferentes escalas temporais.

5) Avaliar o efecto de diferentes tamaños de mostra nas conclusións que se poidan chegar a extraer.

6) Avaliar a importancia relativa dos diferentes microhábitats representados nas áreas urbanizadas do Parque e realizar recomendacións de xestión.

7) Utilizar tecnoloxías adaptadas a unha contorna medioambiental carente de infraestruturas de alimentación eléctrica, integrando enerxías limpas e renovables no sistema.

8) Crear unha rede sensorial sen fíos por medio das tecnoloxías citadas, para dar a infraestrutura inarámica que permita a obtención dos datos medioambientais requiridos no proxecto, e a consecución dos demais obxectivos perseguidos.

9) Dotar de maneira robusta, segura e eficiente, unha plataforma na que integrar e xestionar os datos necesarios para describir as variacións na frecuencia de aparición e duración dos períodos de actividade dos morcegos.

10) Empregar sensores de ultrasóns sobre tecnoloxía ZigBee para determinar que variables explican mellor as variacións na frecuencia de aparición e abundancia relativa das especies monitorizadas.

11) Crear unha plataforma capaz de xestionar os datos dun xeito ordenado, síncrono e eficiente, para avaliar a importancia relativa dos diferentes microhábitats representados na área de estudo.