Redes sensoriais inarámicas (WSN)

Unha rede de sensores é unha rede de pequenos dispositivos, chamados “nodos”, que se comunican utilizando ondas de radio e que colaboran na tarefa de recoller información nunha localización. Estes nodos teñen a capacidade de formar redes de comunicación de forma espontánea sen infraestrutura física preestablecida nin administración central.

As redes de sensores é un concepto relativamente novo en adquisición e tratamento de datos con múltiples aplicacións en distintos campos tales como contornas industriais, domótica, contornas militares, detección ambiental...

Esta clase de redes caracterízanse pola súa facilidade de despregamento e por ser autoconfigurables, podendo converterse en todo momento en emisor, receptor, ofrecer servizos de encamiñamento entre nodos sen visión directa, así coma rexistrar datos referentes aos sensores locais de cada nodo. Outra das súas características é a súa xestión eficiente da enerxía, que lles permite obter unha alta taxa de autonomía que as fan plenamente operativas sen necesidade dun mantemento constante.

A miniaturización de computadores crecente deu a luz a idea de desenvolver computadoras extremadamente pequenas e baratas que se comunican de forma inalámbrica e organízanse autónomamente. A idea destas redes é repartir aleatoriamente estes nodos nun território grande, o cal os nodos observan. Os atributos “pequeno”, “barato” e “autónomo” tende a ir da man das definicións de cada un dos componentes dunha WSN.

O abano de aplicacións civís onde empregar estas redes é amplo. Pódense ver a continuación algunhas das consideradas interesantes en relación co presente proxecto:

- Sensores ambientais: O control ambiental de vastas áreas de bosque ou de océano, sería imposible sen as redes de sensores. O control de múltiples variables, como temperatura, humidade, lume, actividade sísmica así como outras. Tamén axudan a expertos a diagnosticar ou previr un problema ou urxencia e ademais minimiza o impacto ambiental da presenza humana.

- Medicina: É outro campo bastante prometedor. Coa redución de tamaño que están a experimentar os nodos sensores, a calidade de vida de pacientes que teñan que ter controlada os seus constantes vitais (pulsazóns, presión, nivel de azucre no sangue, etc), poderá mellorar substancialmente.

- Domótica: O seu tamaño, economía e velocidade de despregamento, fana unha tecnoloxía ideal para domotizar o fogar a un prezo alcanzable.

É imaxinable que os nodos non só poidan observar senón tamén reaccionar para activar funcións doutros sistemas. Desta forma é posible deseñar e implementar protocolos de actuación en función dos niveis dos parámetros monitorizados polos sensores.