Sensor de Ultrasóns

No tempo en que este proxecto fora concibido, barallárase a posibilidade de que o morcego levase algún tipo de transpondedor, para detectar a súa presenza. Esta opción foi descartada pola non viabilidade cara ós morcegos en termos de relación de pesos. Unha das principais limitacións metodolóxicas para o seguimento da especie en estudo radica na ausencia actual de coñecementos e presenza en mercado de dispositivos o suficientemente miniaturizados para poder ser incorporados aos morcegos, e obter localización e identificación individualizada a distancia.

Foi por este motivo polo que se empregouse un micrófono ultrasónico cunha frecuencia de operación próxima á frecuencia natural da ecolocalización do morcego común (45kHz). A partires do sinal captado por este micrófono, os circuítos electrónicos xeran un sinal dixital de valor lóxico alto cando se detecte a presenza dun exemplar.

Para determina-la presenza de morcegos na área de estudo, detéctanse os ultrasóns derivados do seu sistema natural de ecolocalización, facendo uso do sensor de ultrasóns que está integrado sobre o nodo de comunicacións que emprega tecnoloxía ZigBee.