WSN en monitorización animal

Algunhas das áreas de aplicación das redes de sensores (WSN, Wireless Sensor Network) foron a militar, a saúde e o fogar. En relación coa fauna, foron principalmente utilizadas no campo da agricultura, pola facilidade da súa aplicación, aínda que tamén están a ser utilizadas no campo da bioloxía da conservación.

A aplicación a animais de pequeno tamaño encóntrase limitada polo tamaño e peso dos nodos de localización, excesivo para o volume corporal destes, que impide o implante como no caso de cebras, antílopes azuis ou outros animais de grande tamaño. Así mesmo, a obtención de variables ambientais relativas ao lugar no que se encontran os individuos, vénse realizando mediante estacións meteorolóxicas de grande impacto ambiental e pouca granularidade.

Con estes antecedentes, o proxecto propón a utilización de tecnoloxías de última xeración no ámbito das redes sensoriais inarámicas (WSN-Wireless Sensor Networks) sendo ZigBee o novo paradigma de comunicacións nestes ámbitos polas súas interesantes características de baixo consumo, baixo custo e robustez, debido á súa topoloxía de rede mallada. Estes factores fan de ZigBee unha tecnoloxía idónea para a transmisión inarámica de datos recollidos por sensores. No caso particular do estudo de quirópteros proponse a integración de detectores de ultrasóns sobre nodos de comunicación ZigBee conxuntamente con sensores de parámetros ambientais como a temperatura, humidade relativa, luminosidade ou a presión atmosférica.