Acceso ó proxecto
| ARCEA, Xestión de Recursos Naturais |
Página 1 de 3
ARCEA Xestión de Recursos Naturais S.L. está especializada en consultaría, investigación e conservación da biodiversidade, con máis de 15 de anos de experiencia nesta área. A empresa está constituída por un equipo profesional de biólogos que conta co apoio multidisciplinar de técnicos especializados en diversas áreas de coñecemento. Ao longo da súa traxectoria ten executado máis de 150 proxectos nos diferentes ámbitos de actuación, abranguendo a planificación en espazos protexidos, a xestión de especies ameazadas, a investigación aplicada á conservación, a avaliación de impacto ambiental, a restauración e manexo de hábitats ou a divulgación ambiental especializada. Arcea Xestión de Recursos Naturais S.L. ofrece servizos innovadores e de calidade, asentados na identificación e definición de obxectivos claros, a procura e xestión de información, a capacidade de análise e integración e a capacidade de ofrecer a mellor solución ás necesidades do cliente. ARCEA traballa en investigación aplicada e conservación da fauna de morcegos desde hai máis dunha década, tendo elaborado para a administración galega as bases para o desenvolvemento dunha estratexia de conservación dos quirópteros en Galicia e o plan de conservación de morcegos cavernícolas. Entre outras experiencias, a empresa é pioneira na avaliación do impacto dos parques eólicos sobre os morcegos en Galicia, e conta cos medios técnicos e humanos necesarios para a mostraxe e seguimento deste grupo faunístico. |